Víctor Riobó e Solange Pereira, triunfadores dunha concorrida Milla Urbana San Miguel
Por Redacción & Diego Torrado
Non defraudou a Milla Urbana San Miguel na súa décimo sétima edición. Prometía ser a máis concorrida da súa historia e unha das mellores pola calidade dos atletas inscritos, e o resultado foi unha gran xornada de atletismo nas rúas de Marín.
Víctor Riobó triunfou na casa e conseguiu o triunfo na categoría masculina absoluta cun tempo de 4:32, seguido de David González (4:33) e Fernando Vales (4:34).
En mulleres a imbatida esta tempada Solange Pereira tamén logrou a vitoria cunha marca de 5:01, con Leticia Fernández segunda (5:05) e Esther Navarrete completando o podio (5:07).
Estes resultados son válidos para o Campionato Galego da especialidade, que este ano se celebrou na proba marinense.
Ademais das categorías absolutas, centos de atletas populares e de categorías inferiores tomaron parte da Milla en preto de tres horas de carreiras na céntrica Avenida de Ourense de Marín.
Relacionadas:
-
A historia do Club San Miguel de Marín, protagonista da XVIII Milla Urbana
Por Diego Espiño |
-
Víctor Riobó proclámase, por terceiro ano consecutivo, subcampión de España de milla en ruta
Por Redacción |
-
Medalla de prata para Víctor Riobó no Nacional de milla en ruta
Por Redacción |
-
Nove medallas para atletas da Gimnástica nos últimos campionatos galegos da tempada
Por Redacción |
-
Marín prepárase para "la mejor milla urbana que se ha hecho en Galicia"
Por Diego Espiño |