Repartición de puntos insuficiente para Céltiga e Villalonga
Por Redacción
Final de infarto no Salvador Otero da Illa. Céltiga e Villalonga empataron (1-1) logo dun intenso partido que se decidiu nos últimos 10 minutos con moitas accións para a polémica e dúas penas máximas que resultaron decisivas.
Logo dun encontro trabado e con poucas ocasións chegouse ao minuto 84 con 0-1 no marcador grazas ao tanto de Pedro no 69 que puña moi de cara as cousas ao bloque dirixido por Guillermo Fernández. Todo parecía decidido pero un penalti moi discutido por man de Fran Matos na área no lanzamento dunha falta facía que Janeiro lograse pór as táboas no marcador.
Quedaba pouco tempo, suficiente para vivir unha situación rocambolesca. ÿltima xogada do encontro, pena máxima a favor dos visitantes que transforma Marc para dar os tres puntos ao Villalonga pero o árbitro manda repetir o lanzamento ao entrar na área varios futbolistas, ao segundo intento Vila detén o esférico.
Un punto para ambos os equipos pero que resulta insuficiente para as súas aspiracións, afundindo un pouco máis aos da Illa e achegando ao Villalonga aos postos de descenso.
CÿLTIGA CF: Vila, Janeiro, ÿscar Río, Beni, Sombri, Groba (Carlos, min.80), Berto, Jacinto, Ferreiro (Cerqueiras, min.78), Antonio (Josiño, min.61), Juanito.
VILLALONGA FC: Pazos, Marc, Feans, Miguel, Tenorio, Nelo (Javi Nogueira, min.78), Fran Matos, Isma, Pedro, Quini, Adrián.
Árbitro: Brea Peón (A Coruña). Amonestou a Jacinto, Josiño e Sombri nos locais e a Pedro, Pichi, Miguel e Fran Matos nos visitantes.
Goles: 0-1 Pedro, min.69; 1-1 Janeiro de penalti, min.84.
Incidencias: Partido disputado no Savador Otero de A Illa.