O Ciclocross Ría de Marín volveu para quedar
Por Diego Espiño
Dez anos son moitos, unha longa travesía no deserto para unha proba histórica como o Ciclocross Ría de Marín que concluíu o pasado fin de semana coa volta á vida da competición e a intención de non desaparacer de novo do calendario galego da especialidade.
O Lago de Castiñeiras acolleu unha carreira apoiada por un bo número de afeccionados que se achegou a ver o espectáculo nas diferentes categoría, desde os cadetes aos máster 50.
Mauro González e María del Río Loureda impuxéronse en elite masculino e feminino respectivamente.