Javier Gómez Noya e Iván Raña explotan contra a Federación Española de Tríatlon
Por Diego Espiño
"La experiencia que tenemos debería ser aprovechada y en lugar de eso se nos aparta". Esta dura afirmación sae da boca de Iván Raña. Ao triatleta de Ordes acompáñalle o recentemente proclamado subcampión olímpico Javier Gómez Noya, "a nivel técnico y de competición creo que podré opinar y me da pena como está todo. España a nivel internacional es un cero a la izquierda".
Os dous galegos son os triatletas españois máis laureados da historia. Ambos progresaron durante anos cos seus adestramentos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, lugar elixido para denunciar publicamente xunto aos seus adestradores o trato que reciben, non só eles, por parte do director técnico da Federación Española de Tríatlon, Juan Rodríguez Biehn, "nadie es capaz de dialogar y entenderse con la dirección técnica" recalca Gómez Noya.
"Se ha traficado con nuestro sudor, están usando nuestros éxitos para promocionarse".
Os adestradores dos dous deportistas son máis duros coas prácticas da Federación, asegurando que non só Raña e Gómez Noya víronse obrigados a preparase á marxe dos técnicos nacionais, como recoñece César Varela, "sólo Fernando Alarza está dentro de la estructura de la Blume, es resto de triatletas que compiten internacionalmente con éxito van aparte, como Mario Mola o Ainhoa Murua. Nosotros no queremos ser directivos pero que no nos tomen por tontos, se ha traficado con nuestro sudor, están usando nuestros éxitos para promocionarse".
Na mesma liña maniféstase o adestrador e man dereita de Javier Gómez Noya, Omar González, "nosotros proponemos que Javi e Iván puedan compartir entrenamientos con los que están empezando, pero al final prefieres pagar entrada en una piscina pública (antes que ir a la Blume) y eso es muy triste".
Raña e Gómez Noya postuláronse como representantes dos deportistas dentro da asemblea federativa dous meses antes das eleccións á presidencia da Federación Española que ostenta José Hidalgo.