Miguel Ribeiro e Leticia Fernández coróanse na V carreira Pinga Pinga
Por Redacción & Diego Torrado
A carreira popular Pinga Pinga, organizada polo Club Deportivo PInarium de Marín en Santo Tomé de Piñeiro, segue crecendo co paso dos anos.
Na súa quinta edición, celebrada este sábado, máis de 250 atletas participaron na proba nas diferentes categorías, dende as reservadas para os máis pequenos ata a absoluta.
Na proba principal o máis rápido en completar os preto de 8 quilómetros do esixente circuíto, con constantes desniveis, foi Miguel Ribeiro (Olímpico Vianense) cun tempo de 0:25:19.
Tras el chegou 15 segundos despois o atleta do Val Miñor Akka Essaadaoui (0:25:35), e completou o podio o deportista marinense Víctor Riobó (Miller Running Club) cunha marca de 0:26:15.
En categoria feminina a vencedora foi Leticia Fernández (0:30:24), con Soledad Castro na segunda praza (0:32:53) e Marina Cabaleiro terceira (0:33:58).