O vento e a ondada condicionan a primeira edición da Marín-Poio-Pontevedra Rowing Cup
Por Diego Torrado
A climatoloxía converteuse en protagonista no tramo final da primeira Marín-Poio-Pontevedra Rowing Cup de remo, que malia todo deixa bo sabor de boca despois de dous días de competición.
Tras a regata de bateis celebrada na tarde do sábado, na que se impuxo a tripulación do Club de Remo A Cabana de Ferrol ante unha nutrida presenza de afeccionados, chegaba a quenda este domingo do remo olímpico.
Estaban previstos 6,5 quilómetros dende a Illa de Tambo ata As Corbaceiras, pero a forte ondada e vento olbigó aos xuíces a recortar o percorrido ata catro quilómetros escasos buscando o abrigo da ría.
Así comezaron a saír as embarcacións unha por minuto, para completar unha contrarreloxo que coroou na proba de 'outrigger' de oito máis temoneiro ao club de remo portugués de Viana do Castelo cun tempo de 5:34.81, seguido do Club de Remo Ría de Marín a pouco menos de cinco segundos. Completou o podio o Caminhense luso.
No resto de probas, en barcos de catro remeiros, destacou o triunfo do Banyoles catalán na competición feminina despois de lograr unha ampla vantaxe antes os seus rivais, mentres que nesta modalidade o Miño de Tui logrou un dobrete en rapaces, a prata cunha mestura de remeiros deste club e do CR Tui.
Por último en idade cadete proclamouse vencedora a tripulación de Viana do Castelo.