Bo papel do taekwondo local no XVII Campionato Internacional Cidade de Pontevedra
Por Diego Torrado
A décimo sétima edición do Campionato Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo pechouse este domingo no Pavillón Municipal dos Deportes despois de dous días de intensa competición deixando grandes sensacións para os seus organizadores, o Club Mace Sport.
Entre os máis de 1.000 deportistas inscritos, chegados dende diferentes puntos de España e Portugal principalmente pero tamén dende Francia ou Cabo Verde, destacaron os taekwondistas dos clubs locais.
Na modalidade de combate, a máis numerosa, impúxose na clasificación xeral o Natural Sport de Ribeira, co Mat's de Marín terceiro e o Mace Sport cuarto.
Pola súa banda en categoría masculina o Taekanart finalizou segundo, Mace Sport terceiro e Mat's cuarto só superados polo Natural Sport.
En categoría feminina o Mat's foi terceiro co Patiño Moaña na primeira praza.
O torneo pechouse tras a participación dos deportistas nas modalidades de Técnica, Freestyle e Exhibición.
Relacionadas:
-
Case 1.600 taekwondistas xuntaranse en Pontevedra para participar no Campionato de España de clubs
Por Alejandro Espiño |
-
Bo papel de Mace Sport, Taekanart e Mat's no Campionato Galego Júnior de Taekwondo
Por Redacción |
-
O Mace Sport proclámase campión galego de Exhibición e pensa xa no Nacional
Por Redacción |
-
Yago Pita, Ángel López e Adrián Santos, do Mace Sport, logran o bronce no Mundial de Técnica
Por Redacción |
-
O Campionato Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo eleva o nivel na súa XVII edición
Por Diego Espiño |