O Pontevedra xuvenil golea (2-7) a domicilio ao Atlético Perinés
Por Redacción
Sensacional resultado o conseguido polo Pontevedra xuvenil no primeiro dos seus dous partidos nesta ponte festiva a disputar en terras cántabras. Os xuvenís granates golearon estrepitosamente un rival directo como o Atlético Perinés e conseguen abandonar por primeira vez na tempada os postos de descenso.
O partido foi igualado aínda que con mellor xogo e iniciativa pontevedresa na primeira parte, pero non sería ata a segunda cando se forxaría a merecida vitoria. O terceiro gol granate conseguido por Tomás (segundo na súa conta) sería clave. O Perinés, co partido perdido, foise arriba en busca da remontada e encontrouse cun Pontevedra letal á contra, especialmente nuns minutos finais espectaculares e de auténtica vertixe.
Os rapaces do tandem Trebiño/Lozano permanecerán en terras cántabras ata o sábado para afrontar o segundo compromiso consecutivo a domicilio (10.00 horas) fronte ao Rayo Cantabria, un equipo que ocupa a penúltima posición na táboa, en busca de lograr unha nova vitoria que os sitúe nunha posición máis cómoda, confirmando a traxectoria ascendente das últimas xornadas.
ATLÿTICO PERINÿS (2): Adrián, Manu, Lucas, Miguel (Antonio, min. 66), Fran (Álex, min. 70), Kevin, Fernando, David (Quique, min. 46), ÿscar Merino, ÿscar Fernández e Marco.
PONTEVEDRA (7): Lucas, Puyi, Bruno, Marou, Emilio, Joni (Yago, min. 76), Ángel (Gabi, min. 80), Tomás, Pibe (Jaime, min. 66), Quique e Dani Muradás (Marwan, min. 60).
Árbitro: Isidro Delgado, auxiliado nas bandas por Isidro Finós e Jesús Sousa (Cantabria). Amoestou a: Lucas, Kevin, Fernando e Adrián.
Goles: (0-1) Minuto 7: Tomás. (1-1) Minuto 30: ÿscar Merino, de penalti. (1-2) Minuto 37: Pibe, de penalti. (1-3) Minuto 66: Tomás. (1-4) Minuto 75: Quique. (1-5) Minuto 82: Gabi. (2-5) Minuto 87: Marco. (2-6) Minuto 90: Marwan. (2-7) Minuto 92: Puyi.
Incidencias: Complexo Vicente Miera. Santander. Uns 50 espectadores.