O Teucro non pode co Ángel Ximénez en Puente Genil (25-21)
Por Redacción
Con só 12 xogadores desprazados a Puente Genil e as baixas de homes importantes como César Armán, Siscu ou Miguel Porto, ademais da ausencia prolongada de Carlos García, o Teucro buscaba a machada ante un dos rivais da zona alta da clasificación.
Intentouno o equipo pontevedrés pero nada puido facer ante a sólidez do Ángel Ximénez na súa cancha (25-21) a pesar de que os teucristas non perderon a cara ao encontro en ningún momento e chegaron a empatar o duelo ao comezo da segunda metade (14-14). Con todo, o cansazo dos últimos minutos provocado por unha curta rotación impediu unha remontada que os de Javier Barrios buscaron ata o final.
Con esta derrota o Teucro permanece nunha cómoda posición en metade de táboa á espera de pechar a primeira volta de competición o próximo fin de semana no Pavillón Municipal ante o Alcobendas.
ÁNGEL XIMÿNEZ (25): Paco Chirosa, Antonio Carreño, Olea, Mario Porras (3), Morales, Felipe Santiago (4), Cuenca (5), José Baena, Guille de la Sierra (6), Chelu Cid (2), Curro Muñoz (4), Liñares, Luís Campos (1), José Pozo.
SD TEUCRO (21): Juan Bar, Toño Fernández (4), David Chapela (1), Tomás Moreira (2), Rial, Borja Pedreira (6), Sío, Gonzalo, Aarón (2), Carlos Pombo, Alejandro Pombo (1), Didac Villar (5).
Árbitros: Barrena Maguregui e García Martínez.
Marcador cada cinco minutos: 2-2, 3-2, 5-3, 8-7, 11-8, 13-10, descanso, 14-14, 18-14, 20-15, 22-19, 23-19, 25-21.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón Municipal Alcalde Miguel Salas de Puente Genil.