Villalonga e Narón asinan táboas (1-1) nun mal partido
Por Redacción
Sorprendeu o último Narón en San Pedro, ao Villalonga, nun partido no que os celestes non tiveron un día afortunado, perdendo unha boa ocasión para consolidarse na zona cómoda da táboa.
Os primeiros minutos foron de dominio visitante. O equipo de Germán Amil sorprendeu levando da man de Carlos Mella, pero pouco a pouco o Villalonga foise sacudindo esa presión con varias contras, pero sen perigo real, salvo nunha ocasión de Sául, que non acertou a resolver ante a meta visitante.
Na segunda parte Guillermo deu entrada no equipo a Machu e Roberto Piñeiro, e con eles o Villalonga tomou o mando, dominando ata conseguir adiantarse por medio de Miguel, ao rematar no segundo pau un saque de esquina. Non obstante os locais non souberon manter a renda e o Narón empataría nunha contra, por medio de Carballeira.
Aínda puido anotarse o Villalonga a vitoria nos últimos compases, especialmente en accións a balón parado, cunha oportunidade para Machu, que non puido transformar, de novo tras un saque de esquina. En definitiva, resultado xusto, nun partido de pouca brillantez.
VILLALONGA: Roberto Pazos, Leo, Marc, Roberto Feans, Tenorio, Nelo (Quini, min. 82), Saúl, Miguel, Fran Matos, Pedro (Roberto Piñeiro, min. 46) e Pichi (Machu, min. 46).
NARÿN BALOMPÿ: José Ramón, Cholo, Agustín, Alberto, Bruno (Quintana, min. 86), ÿscar, Juanito (Carballeira, min. 60), Luis Coedo, Santi (Pablo, min. 70), Carlos Mella e Marcos Suárez.
Árbitro: José Manuel Cives Enjo auxiliado nas bandas por Bruno Méndez e Carlos Suárez. Amoestou a Pichi, ÿscar, Cholo, Bruno, Marcos Suárez e Carballeira.
Goles: (1-0) Minuto 58: Miguel. (1-1) Minuto 80: Carballeira.
Incidencias: Campo de San Pedro. Ao redor de 400 espectadores.