O Teucro reduce a súa débeda a menos da terceira parte en pouco máis de dous anos e convoca eleccións
Por Ramiro Espiño
Alivio sensible para unha situación que hai tan só dous anos era case límite. A SD Teucro empeza a mirar o futuro con moderado optimismo, tras coñecer os números que a Xunta directiva que preside Carlos García Alén presentou á asemblea de socios na noite deste venres. Máis de 250.000 euros de beneficio contable tivo o club na pasada tempada, pechada o 31 de xullo, analizados en 183.765,27 euros, procedentes do resultado do concurso de acredores, máis outros 67.392,60 euros, que son o superávit da tempada 2013/2014.
Pouco máis dunha vintena de socios acudiron á convocatoria do club, en senllas asembleas que tiveron como escenario os salóns do Hotel Galicia Palace, de Pontevedra.
En primeiro lugar celebrouse a Asemblea ordinaria, na que se coñeceu a situación económica do club, aprobando a liquidación de contas do exercicio pasado e o balance de situación. A tempada liquidouse cuns ingresos totais de 343.919,35 euros, por uns gastos de 276.526,75 euros, dando como resultado o superavit antes citado de 67.392,60 euros.
Pero o máis destacado foi a presentación do Balance de situación, que reflicte a excelente xestión de Carlos García Alén e o seu equipo, que están a conseguir o que non hai moito parecía un imposible. O devandito balance sinala que o Teucro pasou dunha débeda total que superaba 1.800.000 euros, no momento da entrada no proceso concursal, a quedar reducida a pouco máis de 800.000 euros dous anos despois.
A débeda actual do club queda en menos de 600.000 euros
Mesmo eses números son máis alentadores atendendo á situación actual que Carlos Carcía Alén expuxo aos socios, que coas xestións realizadas reducen a débeda a menos de 600.000 euros, tal e como se detalla no seguinte cadro:
CRÿDITOS CONCURSAIS PENDENTES DE PAGAMENTO A 28-11-2014 | |||||
TIPO DE CRÿDITO CONCURSAL | IMPORTE | CRÿDITOS PAGADOS | CRÿDITOS CONDONADOS | CRÿDITOS PTES. DE PAGAMENTO | % PTE. DE PAGAMENTO |
CRÿDITOS CON PRIVILEXIO XERAL | 277.592,09 | 163.141,06 | 114.451,03 | 41,23% | |
CRÿDITOS ORDINARIOS | 526.297,62 | 14.964,52 | 282.592,90 | 228.740,20 | 43,46% |
CRÿDITOS SUBORDINADOS | 257.137,42 | 10.660,04 | 246.477,38 | 95,85% | |
TOTAL | 1.061.027,13 | 178.105,58 | 293.252,94 | 589.668,61 | 55,58% |
A continuación presentouse aos socios o presuposto para a tempada en curso, que recolle unha previsión de ingresos por importe de 390.750,00 euros e uns gastos de 294.750,00 euros, cun superávit estimado de 96.000 euros, que resultou aprobado polos asistentes.
Para rematar celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria, na que se aprobou o regulamento e calendario electoral para a elección de presidente da SD Teucro, para o cal, salvo sorpresas, todo apunta á continuidade de Carlos García Alén, como adiantou PontevedraViva, con todo o seu equipo, reforzado con novas incorporacións que suplan as baixas producidas na directiva.
Do 10 ao 16 de decembro, prazo de presentación de candidaturas
De acordo co devandito calendario, o proceso iníciase o próximo día 2 de decembro, momento en que a actual xunta directiva quedará como Xestora, na que non poderá estar Carlos García Alén, en caso de concorrer como candidato.
O prazo de presentación de candidaturas será do 10 ao 16 de decembro. Se houbese unha soa candidatura sería proclamada o día 20 de decembro, pero en caso de haber máis dunha celebraríase unha Asemblea Xeral para a elección de presidente o 23 de decembro.
Relacionadas:
-
A débeda do Teucro segue reducíndose e Carlos García-Alén anuncia a súa candidatura á reelección
Por Ramiro Espiño |
-
Carlos García Alén presenta os avais que o converten en candidato á presidencia do Teucro
Por Ramiro Espiño |
-
Carlos García Alén repasa os seus catro anos de mandato e as esperanzas de futuro
Por Ramiro Espiño |
-
Exhibición para a "décima" do Teucro (30-21) que esnaquiza o Go Fit abrindo oco como líder
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Carlos García Alén: "Mi intención es buscar apoyos para la directiva del Teucro y presentarme a las elecciones"
Por Ramiro Espiño |
-
Chamamento desesperado do Teucro para evitar a disolución do club
Por Ramiro Espiño |