Segue firme o Xuventú Sanxenxo que se impón con autoridade (3-1) ao Laracha
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Dominio total do Sanxenxo sobre un Laracha moi defensivo. Os locais acreditaron o seu excelente momento de xogo e seguen aferrados á zona de privilexio, tras un partido completo que se ben se resolveu nos últimos instantes foi como consecuencia da excelente actuación do meta coruñés, Damián, que salvou o seu equipo dunha derrota máis avultada.
Cunha defensa ordenada e sempre ben posicionados, os coruñeses saíron decididos a manter o seu portal a cero e conseguírono na primeira parte, anulando as numerosas ocasións que creou un Sanxenxo que segue crecendo colectivamente en cada partido.
O premio para o conxunto amarelo chegou nos primeiros compases do segundo período co gol de Hugo que lles daba vantaxe. Pero Kevin lograba o empate nunha das escasas aproximacións dos visitantes á meta de Velay.
Durante algúns minutos os coruñeses fóronse arriba, aproveitando a lixeira desorientación do equipo de Ángel Oliveira, que movería ficha dando entrada no campo a un Suso Vidal que resultou decisivo.
Os locais retomaron o mando, aínda que deberon esperar á recta final do partido para resolver. Primeiro foi un gol de Ramón, que devolvía a vantaxe ao Sanxenxo, e logo Suso Vidal sentenciaba un marcador xusto e merecido para o equipo que máis méritos fixo.
XUVENTÿ SANXENXO (3): Velay; Diego Peña, Suso Martínez, Héctor, Guille, Alfonso, Nel (Cuchi, min. 72), Jonathan (Suso Vidal, min. 62), Hugo, Ramón e Rubén.
LARACHA CF (1): Damián; Iván, Beto, Roberto, Antonio, ÿlmer (Taibo, min. 62), Kevin, Denís, Dani Bea, ÿscar Martínez (Brais, min. 51) e Rebolo.
Árbitro: José Luis González Sobrado (Vigo), auxiliado nas bandas por Vázquez Martínez e González Fernández. Amoestou a Diego Peña, Héctor e Guille, polos locais, e a ÿlmer e Denís, polo conxunto coruñés.
Goles: (1-0) Minuto 49: Hugo. (1-1) Minuto 61: Kevin. (2-1) Minuto 80: Ramón. (3-1) Minuto 86: Suso Vidal.
Incidencias: Campo Municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 250 espectadores.