Jacobo Molina: "Me hace muy feliz debutar como entrenador de Tercera en Pasarón"
Por Diego Espiño
Durante anos soñou con dar ordes na banda de Pasarón, aínda que non pensou que o seu debut como adestrador de Terceira División chegaría no estadio lerezano pero da man do Villalonga. Jacobo Molina, segundo técnico con Guillermo Fernández no banco de San Pedro, ocupará o seu posto ata final de tempada, "debutar en Pasarón me hace muy feliz. Es muy especial para mí jugar contra mi equipo, el lugar donde estuve casi 10 años y que llevo en el corazón".
Os sentimentos con todo quedarán á marxe unha vez rode o balón, "para el Villalonga este partido es un derbi, hace mucha ilusión en el club. Es un escenario que te engrandece y nosotros vamos a darlo todo por ganar".
"Si somos capaces de aguantar el arreón inicial iremos creciendo y podemos darles un susto"
Moito en xogo para os dous equipos, aínda que quizais máis para o Pontevedra logo da derrota en Ferrol, un feito do que é coñecedor Molina, "conozco bien a la afición de Pasarón y entiendo que el equipo va a querer resarcirse de la goleada, salir fuerte para agradar a la gente. Si nosotros somos capaces de aguantar el arreón inicial iremos creciendo y podemos darles un susto".
Logo dun inicio de liga moi positivo, as lesións fixeron madeixa nun plantel curto,"estamos recuperándonos poco a poco, esta semana estamos entrenando 20 y eso no pasaba desde hacía mucho tiempo". Jacobo Molina, de feito, terá a todos os xogadores á súa disposición para o encontro de Pasarón unha vez recuperado Machu. O único futbolista con problemas é Nelo, con gripe, aínda que é de esperar que se recupere a tempo.
Santi Domínguez, seria dúbida no Pontevedra
O dianteiro do Pontevedra, que arrastraba dor nun nocello por un golpe sufrido a pasada semana, foi sometido a unha ecografía que revelou unha distensión no tibial anterior da perna dereita. O xogador convértese en seria dúbida para o encontro do domingo en Pasarón.