Nace unha nova proba deportiva na cidade: a Pontevedra 4 Picos Bike & Trail
Por Diego Espiño
Os amantes do deporte contarán en 2015 cunha nova proba na cidade de Lérez, a Pontevedra 4 Picos Bike & Trail Desafío Rías Baixas.
Trátase dunha proba BTT de resistencia, con 125 quilómetros de percorrido, 3.000 metros de desnivel positivo e ascensións a Castiñeiras, A Fracha, Pontillón do Castro e A Escusa.
Para facela accesible a todos os deportistas, xa que non se trata dunha cita competitiva, habilítase tamén unha opción intermedia con 62 quilómetros e ascensións aos dous primeiros picos.
Na idea de consolidala con outras disciplinas deportivas de natureza, ao estilo do popular 'Los 10.000 del Soplao' cántabro, tamén se organizarán dúas opcións de Trail de montaña, un de 15 quilómetros e outro de 30.
Todas elas se disputarán de xeito independente o próximo 19 de abril de 2015, esperando convencer centos de deportistas afeccionados, que xa poden anotarse a través da páxina web www.globaldxt.com, onde se encontran ademais as bases do evento.
Para logralo a 4 Picos ofrece segundo Víctor Cimadevila, representante de Global DxT, "vistas das tres rías nos diferentes picos, e ademais estamos na cidade", con todos os servizos que iso supón.
ÿ, defende Cimadevila, un valor engadido con respecto a citas similares xa que a "zona cero", coa saída e a meta, estará instalada na Illa das Esculturas contando con servizos como duchas, lavado de bicicletas, aparcadoiro ou diferentes atencións aos participantes e as súas familias.
A organización, a cargo tamén da Roda do Demo e o Concello de Pontevedra, aspira a que esta proba se consolide como un referente "non só para Galicia" nos próximos anos.
Relacionadas:
-
A 'Pontevedra 4 Picos Bike & Trail' estréase ao grande
Por Diego Torrado |
-
Quenta motores a primeira 'Pontevedra 4 Picos Bike & Trail', unha proba "para toda la ciudad"
Por Diego Espiño |
-
Éxito de inscrición na primeira edición da Pontevedra 4 Picos Bike & Trail
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra aposta polo BTT cun calendario anual de catro probas
Por Diego Espiño |
-
A 'Pontevedra 4 Picos Bike & Trail' achégase aos 400 inscritos a dous meses da súa primeira edición
Por Redacción |
-
12 horas de deporte e bo ambiente en Verducido co primeiro BTT Non Stop
Por Redacción & Diego Torrado |