A San Silvestre Subida a Castro consolídase con máis dun cento de participantes
Por Diego Torrado
Máis dun centenar de atletas afeccionados reuníronse este domingo en Marín para afrontar a San Silvestre Subida a Castro.
A proba, organizada por sexto ano pola Asociación de Veciños Serraseca, consolídase como unha cita imprescindible de final de ano.
No medio dun ambiente festivo, os participantes completaron un percorrido esixente de 7 quilómetros con saída e chegada no Alto do Castro e pasos pola Porteliña, Moreira e O Campo.
A cita rematou cunha degustación de callos para todos os participantes e o fallo do xurado do segundo concurso de tortillas posto en marcha pola asociación de veciños.