Bo ritmo de inscrición na San Silvestre con máis de 700 atletas confirmados
Por Diego Espiño
A ritmo constante crece día a día a inscrición da 29ª edición da San Silvestre de Pontevedra. Máis de 700 atletas confirmaron xa a súa presenza na carreira popular que despide o ano polas rúas do centro da cidade.
Faltan case dúas semanas para que se peche o prazo de anotación e a organización aínda confía en poder bater a marca de corredores da pasada edición con case 2.500 deportistas, como recoñece o presidente da Sociedad Gimnástica Ramón Touza, "de momento el ritmo va bastante bien pero va a ser difícil. Tenemos preparados 3.500 dorsales aunque creo que estaremos en la cifra del año pasado".
A proba sairá dende a Avenida Montero Ríos o día 31 de decembro ás 17:00 horas, mantendo o seu percorrido habitual.
Os interesados en participar deben inscribirse na web www.sgpontevedra.com antes do mércores 26 de decembro. Paralelamente á marcha popular, a Gimnástica solicita un ano máis a colaboración dos atletas na recollida de alimentos non perecedoiros que serán entregados ao comedor Social de San Francisco.