Derrota doce do Teucro ante o Granollers (34-37) no colofón dunha intensa xornada festiva
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Bo ambiente no Pavillón Municipal dos Deportes na primeira xornada de celebración polo 70 aniversario da Sociedad Deportiva Teucro.
A ocasión merecíao. Despois dos partidos matinais das escolas deportivas e dun divertido duelo entre o equipo azul que logrou o ascenso a División de Honra no ano 83 e unha selección galega de veteranos (10-10), chegou a quenda do choque estrela, o que enfrontaba aos dous equipos máis antigos do balonmán español.
O Teucro sucumbiu ante o Balonmano Granollers (34-37) nun choque típico dun período de preparación.
Malia que ambos os dous equipos puxeron ganas por agradar á parroquia, a falta de tensión en certos momentos, sobre todo na parcela defensiva, caracterizou o enfrontamento.
O conxunto catalán dominou case durante os 60 minutos, a excepción do 25-24 do minuto 42, co Teucro moi preto no electrónico.
Ambos os dous equipos aproveitaron a ocasión para dar minutos a todos os seus xogadores co propósito de chegar en perfectas condicións ao inicio da competición oficial, que chega para os pontevedreses xa a próxima fin de semana pero que o caso do Granollers aínda se fará de pregar pola disputa do Mundial.
Ao final triunfo xusto do conxunto de Asobal ante un Teucro que deu a cara e con dous equipos que acabaron entregándose un recordo da cita escenificando as súas boas relacións.
SD TEUCRO (34): Iago Gómez, Chapela (4), Pumar (3), Víctor Rodríguez (1), Borja Pedreira (1), Dani Hernández (4), Edu Moledo (8) -siete inicial- Carlos García (6), Carró (2), Ameijeiras, Iván Fernández, Pichel (5), Anxo, Amérigo, Pombo, Dorado.
BM GRANOLLERS (37): Pejanovic, Blanxart (2), Solé (3), Resina (4), Álvaro Ruiz (2), Grundsten (2), Del Arco (8) -siete inicial- Capdevila (2), Marc García (3), Adriá Pérez (5), Figueras (2), Puig (3), Pol Sastre, Salva Puig (1).
Árbitros: Daniel Portela e Martín Rodríguez. Excluíron a Carró e a Borja Pedreira no Teucro e a Grundsten nol Granollers.
Marcador cada cinco minutos: 2-5, 3-7, 7-10, 13-13, 14-18, 18-19, descanso, 19-21, 22-23, 25-28, 27-29, 31-33, 34-37.
Incidencias: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Arredor de 900 espectadores.
Relacionadas:
-
A resonancia magnética descarta unha lesión grave no xeonllo de Marcos Dorado
Por Diego Espiño |
-
Xornada redonda para o Teucro que sofre para gañar (35-32) o BM Alcobendas
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Un Teucro entre algodóns recibe o complicado Alcobendas na súa volta á competición
Por Diego Espiño |
-
Presenciar o duelo de históricos entre Teucro e Granollers custará un só euro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro inicia os actos do seu 70 aniversario o día 10 de xaneiro cun amigable ante o Granollers
Por Redacción |