Un torneo de fútbol sala para promover o deporte inclusivo
Por Diego Espiño
A Asociación Juan XXIII de Pontevedra organizou a segunda edición do torneo de fútbol sala "Promovendo o deporte inclusivo", co obxectivo de sensibilizar á comunidade sobre o valor social das persoas con discapacidade intelectual e o recoñecemento da súa dignidade e igualdade como persoas e cidadáns.
Membros da Asociación e deportistas invitados de Pontevedra, Teucro e Leis mesturáronse en catro equipos para disputar semifinais e final no medio dun ambiente festivo no Pavillón Municipal.
O evento, ao que tamén asistiu como espectador o triatleta Javier Gómez Noya, serviu ademais de homenaxe ao usuario da Asociación Gonzalo Losada, gran afeccionado do deporte pontevedrés falecido o pasado mes de marzo.