Xogadores de Pontevedra e Villalonga, desconformes con xogar en Nadal
Por Diego Espiño
Pontevedra e Villalonga puxéronse de acordo para recuperar canto antes a xornada perdida e disputar o encontro aprazado entre ambos o vindeiro domingo 30 de decembro, en pleno parón da competición en Terceira División e metidos de cheo nas festas do Nadal.
A decisión non sentou nada ben nos futbolistas de ambos os conxuntos, obrigados a adestrar unha semana, a última de ano, que tradicionalmente é de descanso, como recoñece o centrocampista do Pontevedra Iago Paz, "el dia 30 en sí no es lo que nos preocupa, pero hay gente que no está en casa todo el año y entrenar esa semana del 24 y 25 es un poco complicado para nosotros".
"Al final nosotros no decidimos nada, somos unos mandados"
Tamén en Villalonga a data elixida levantou bochas xa que os xogadores senten que son a parte máis prexudicada do aprazamento. A solución con todo, como asegura o capitán celeste Saúl, non é sinxela, "no es el mejor día, no nos gusta porque son vacaciones y queremos descansar pero entre semana hay gente que trabaja y llegaría tarde y cansada. Es muy difícil, aunque al final nosotros no decidimos nada, somos unos mandados".
Tanto Iago Paz como Saúl aseguran que acatarán a decisión dos clubes sen que iso oculte o malestar xerado en ambos planteis, como demostraron varios futbolistas nas súas contas particulares de twitter.
El partido aplazado el 30 d diciembre?? O sea q somos los unicos "tontos" q no descansamos ni 1 semana en navidad! Q bien...#indignadisimo
cristobal juncal (@cristobaljuncal) diciembre 17, 2012
Increible lo d la FGF!!! Ponernos el partido aplazado con el Pontevedra el dia 30!!! A fastidiarnos las vacaciones.. Increible..
Ismael Quintas (@IsmaQuintas) diciembre 17, 2012