David Cal retírase da competición
Por Redacción
O máximo medallista olímpico na historia do deporte español e abandeirado en Beijing 2008, o piragüista pontevedrés David Cal, pensa na súa retirada da competición.
A decisión estaría tomada, segundo adiantou este mércores Begoña Fleitas no Diario Marca, por falta de motivación renunciando así a participar nos Xogos Olímpicos de Río 2016, onde aspiraba á súa sexta medalla tras o ouro e as catro platas acumuladas en Atenas, Beijing e Londres.
Cal, que abandonara Pontevedra para prepararse en Brasil xunto ao seu adestrador de toda a vida e agora técnico do equipo do país sudamericano, Suso Morlán, necesitaría obter a súa clasificación olímpica no Mundial de Milán do presente ano, pero as sensacións na súa preparación non estaban a ser as de anteriores ocasións.
De feito, o padexeiro do Club de Mar Ría de Aldán foi superado por André Oliveira na súa última competición, o selectivo nacional para o próximo Europeo celebrado en febreiro en Verducido, aínda que a súa intención non era participar na cita continental.
David Cal tería comunicado a súa decisión de retirarse ao Comité Olímpico Español, organismo que a través da rede social Twitter confirmou a nova e mostrou o seu agradecemento ao deportista.
El MÁXIMO MEDALLISTA OLÍMPICO ESPAÿOL se retira. Sólo una palabra para nuestro campeón @DavidCal1: ¡GRACIAS! pic.twitter.com/Coa1bygx6u
COE (@COE_es) March 25, 2015
Relacionadas:
-
David Cal rexeitou adestrar co equipo nacional porque "tiña un sitio precioso en Pontevedra"
Por Manu Otero |
-
David Cal, a retirada dunha lenda
Por Redacción |
-
David Cal recibirá unha homenaxe da Xunta na entrega dos Premios Deporte Galego
Por Redacción |
-
David Cal confirma o seu adeus entre bágoas e arroupado polos seus
Por Ramiro Espiño |
-
O mundo do deporte homenaxeará o 13 de abril a David Cal trala súa retirada
Por Redacción |
-
Campos, Romero e Vallejo logran praza para regatas internacionais no selectivo de Verducido
Por Redacción |
-
David Cal queda fóra das axudas da Xunta a deportistas de alto nivel
Por Diego Espiño |