O mundo do deporte homenaxeará o 13 de abril a David Cal trala súa retirada
Por Redacción
A noticia da retirada de David Cal da competición colleu por sorpresa ao mundo do deporte, que non tardou en mostrar mensaxes de apoio ao máximo medallista olímpico da historia española.
Alejandro Blanco, presidente do Comité Olímpico Español (COE), organización que confirmou a noticia, asegurou que "hay pocos como él. Es una leyenda".
Blanco confirmou que xa se traballa en realizar unha homenaxe ao canoísta pontevedrés o próximo 13 de abril: "Tenemos que aplaudir y dar las gracias a David Cal por todo lo que nos ha dado", sinalou o dirixente olímpico.
Dende o seu mesmo deporte Francisco Cubelos declarou a través de Twitter que Cal "siempre seguirá siendo el mejor referente", unha opinión que comparte outro especialista da canoa, Sete Benavides, asegurando que "hemos disfrutado viéndote competir".
Máis crítico mostrouse outro gran campión galego, ÿscar Pereiro, ao defender que "merece y mereció mucho más de lo que le dimos. Nunca estuvo respaldado, apoyado y reconocido como se merecía".
Precisamente dende unha institución que colaborou con Cal como un dos seus principais patrocinadores, a Deputación de Pontevedra, evidenciouse a sorpresa por esta decisión porque "as últimas informacións que tiña era que se estaba a preparar a conciencia e a fondo para estar presente en Río", declarou Rafael Louzán.
Con todo o presidente provincial engadiu que "non temos máis que palabras de agradecemento ao seu esforzo ao longo destes anos".
Pola súa banda o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, manifestou que "creo que é unha gran perda para o piragüísmo galego e de Pontevedra".
Relacionadas:
-
David Cal, homenaxeado polo Comité Olímpico Español
Por Redacción |
-
Promoven que o Pontillón do Castro pase a chamarse Centro Deportivo David Cal
Por Redacción | Creada e actualizada
-
David Cal confirma o seu adeus entre bágoas e arroupado polos seus
Por Ramiro Espiño |
-
David Cal retírase da competición
Por Redacción |