Atoamento do Cisne (23-30) fronte a un Grupo Covadonga moi sólido en defensa
Por Redacción
Atragoóuselle o inicio da segunda volta ligueira ao Cisne. O conxunto que dirixe Milucho Pintos non puido superar aos asturianos do Grupo Covadonga, nun partido marcado pola intensidade e o forte ritmo imposto polo equipo visitante que se fixeron acredores á vitoria (23-30), marchando xa dende os instantes finais do primeiro tempo cunha cómoda renda que irían aumentando paulatinamente a medida que avanzaban os minutos.
Malia que o intentaron en todo momento, os ataques pontevedreses estrelábanse coa sólida defensa asturiana, que sacaba partido das perdas de balón dos de Milucho para poñer distancia no marcador.
A boa actuación do meta pontevedrés, Toño Lafuente, só serviu para manter certas esperanzas de remontada, ata que mediada de segunda parte os gijoneses fóronse con cinco arriba no luminoso, asegurando unha xusta vitoria.
CLUB CISNE (23): Toño Lafuente; Pablo Domínguez (4, 1 de penalti), Alberto Casares (6, 1 de penalti), Pachi Dacosta (5), Pablo Picallo (2), Adrián Freiría (3), Miguel Simón -sete inicial-, Pablo Galán, Iván Abilleira, Andrés Sánchez (2), Martín Iglesias, Javier Vázquez, Eduardo Couselo e Daniel Puente (1).
R.G.C. COVADONGA (30): Dani García; Jesús de la Fuente (5), Adrián Rodríguez (2), Alexis Fernández (3), Miguel Suárez (2), Víctor Álvarez (11, 2 de penalti), Raúl Vallejo (2) -sete inicial-, Vizcaíno, Luis Manuel Suárez (2), Jordan Sánchez, Magdaleno (2), Juan López (1) e Murias.
Árbitros: Fernando Iñán Arias e José Manuel García Olavarrieta. Excluíron por dous minutos a Miguel Simón, Andrés Sánchez, Pablo Domínguez, Adrián Freiría, Alberto Casares (2), Raúl Vallejo, Luis Manuel Suárez, Alexis Fernández, Miguel Suárez, Víctor Álvarez e Magdaleno. Descualificaron con vermello directo a Pachi Dacosta e Dani García.
Marcador (cada cinco minutos): 1-2, 1-3, 4-6, 7-9, 9-12, 12-16 (descanso), 13-18, 16-20, 16-21, 18-23, 22-26 e 23-30 (final).
Incidencias: Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Ao redor de cen espectadores.