O Portonovo lévase o derbi en Baltar de arriba (1-2)
Por Redacción
Derbi de altura en Baltar de Arriba entre Sanxenxo e Portonovo nun partido emocionante que se levaron os arlequinados (1-2) apertando a loita polo ascenso a Terceira División, porque en Baltar estaban en xogo moito máis que tres puntos.
O encontro tivo dous partes ben diferenciadas. O primeiro acto, disputado, táctico e con poucas ocasións e o segundo, tralo gol de Álex Cubas no min.41, aberto e xogado de poder a poder entre os dous equipos para deleite dos numerosos afeccionados que poboaban a grada.
O segundo tanto dos visitantes no minuto 60, obra de Melchor, parecía sentenciar o choque, pero Diego Blanco primeiro recortando distancias e despois a expulsión de Melchor puxeron emoción aos últimos minutos, moi sufridos para os arlequinados en busca de tres puntos de ouro.
Con esta vitoria o Portonovo sitúase terceiro na clasificación a un só punto dos postos de ascenso que ocupan Sanxenxo e Cultural Areas.
XUVENTÿ SANXENXO: Vladimir, Minso, Darío (Diego min.65), Alfonso, Javi, Zalo, Nel, Deivi (Diego Blanco, min.50), Suso, Cuchi, Curro.
SD PORTONOVO: Marcos, Bolo, Iván, Caste, Suso, César, Álex Cubas (Marcos, min.91), Martín (Manu, min.69), Melchor, Nacho (Gándara, min.88).
Árbitro: Abel Bruces (Lugo), Amonestou a Minso nos locais e a Álex Cubas, Gándara, Marcos, Nacho, Suso e Bolo nos visitantes. Expulsou por dobre amarela a Melchor (min.77).
Goles: 0-1 Álex Cubas, min.41; 0-2 Melchor, min.60; 1-2 Diego Blanco, min. 70.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba nun gran ambiente.