David Cal, homenaxeado polo Comité Olímpico Español
Por Redacción
Alejandro Blanco anunciouno antes mesmo de que o propio David Cal confirmase a súa retirada. Tal e como aventurara o presidente do Comité Olímpico Español (COE) o deporte nacional rendeu homenaxe este luns ao padexeiro galego, máximo medallista español nos Xogos Olímpicos.
Fíxoo nun sinxelo acto celebrado na sede do COE conducido por outros dous medallistas olímpicos, o tirador José Luis Abajo 'Pirri' (esgrima) e a ximnasta Carolina Pascual.
Proxectáronse vídeos cos mellores momentos deportivos de Cal repasando a súa ampla traxectoria.
Presentes estaban ademais do propio Blanco o presidente da Federación Española de Piragüismo, Román Mangas, e moitos deportistas, que quixeron mostrar o respecto á traxectoria do canoísta galego.
Entre as mensaxes recibidas, en directo ou a través de vídeo, encontrábanse os de figuras do talle de Rafael Nadal, Javier Gómez Noya, Carolina Marín, Jennifer Pareja, Javier Fernández ou Mireia Belmonte, entre outros, destacando todos eles a sinxeleza e a actitude traballadora de Cal ao longo da súa vida deportiva.
Relacionadas:
-
O Consello Superior de Deportes entrega a David Cal a Gran Cruz da Real Orde do Mérito Deportivo
Por Redacción |
-
David Cal, nomeado embaixador do Comité Olímpico Español
Por Redacción |
-
David Cal recibirá a Gran Cruz do Mérito Deportivo
Por Redacción |
-
David Cal recibirá a Medalla de Ouro de Galicia
Por Redacción |
-
SONDEXEVE, en contra do cambio de nome da pista de piragüismo de Pontillón do Castro
Por Diego Espiño |
-
A pista de piragüismo de Pontillón do Castro levará o nome de David Cal
Por Diego Espiño |
-
David Cal confirma o seu adeus entre bágoas e arroupado polos seus
Por Ramiro Espiño |
-
O mundo do deporte homenaxeará o 13 de abril a David Cal trala súa retirada
Por Redacción |