O Barcelona rompe o dominio luso ao derrotar o Benfica no "XVII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín"
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Despois de seis anos consecutivos nos que o FC Porto e o Benfica se repartiron os títulos, o "XVII Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín Cidade de Pontevedra", que organiza cada ano de forma exemplar a EF Porteiro 2000, da man de Manolo Sánchez e Rafa Sáez, rompe este ano coa hexemonía do país veciño e se vai para Barcelona.
O equipo catalán conseguiu inscribir por cuarta vez o seu nome no palmarés deste xa prestixioso torneo, derrotando na gran final ao Benfica por 3-1, tras asinar un campionato impecable logrando sete vitorias nos sete partidos disputados, cuns números impresionantes de 25 goles a favor por só 3 en contra.
Pero se a Barcelona foi o gran protagonista, eliminando consecutivamente o campión da edición anterior, o FC Porto, e o Benfica na gran final, a grata sorpresa foi o equipo vigués da UD Santa Mariña, que logrou coarse no terceiro posto final, tras impoñerse ao mesmo FC Porto na final de consolación nunha emocionante quenda de penaltis.
Tanto a xornada do sábado como a do domingo foi unha auténtica festa deportiva, con centenares de afeccionados e seguidores de todos os equipos participantes enchendo as instalacións da Xunqueira, onde se habilitaron 3 campos, con disputa de partidos simultáneos.
A CALIDADE DO BARCELONA DECIDIU A FINAL
A gran final, disputada en dous tempos de 15 minutos, inclinouse do lado do Barcelona, que impuxo a maior calidade dos seus xogadores á superioridade física do Benfica.
Os cataláns adiantábanse aos 13 minutos do primeiro tempo, nun balón que roubou Izan, cedendo a Jaume, que non perdoou dende preto.
No segundo tempo o Benfica foise arriba intentando nivelar o partido, pero estrelouse co porteiro azulgrana Álex Sans e co longueiro, que repeleu dous lanzamentos.
O Barcelona sentenciou cun extraordinario gol de volea de Roger, minuto 25, ampliando distancias pouco despois Izam. Conceiçao faría o gol da honra do equipo luso, a falta dun minuto para o final.
FC BARCELONA (3): Álex Sans; Raúl, Javier, Nil, Vitor, Roger, Iker, Álex Castany, Jaume, Izam e Aday.
SL BENFICA (1): Daniel Mendes; Julio, Machado, Nel, Fabio, Rubén Semedo, Henrique Sá, Shoto, Conceiçao, Miguel, Leandro e Iván.
Árbitros: Alejandro Muñiz (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Pablo Fernández e Diego Tajes, con Cristian Fernández como cuarto árbitro.
Goles: (1-0) Minuto 13: Jaume. (2-0) Minuto 25: Roger. (3-0) Minuto 28: Izam. (3-1) Minuto 29: Conceiçao.
ENTREGA DE PREMIOS
O Real Valladolid adxudícase o Trofeo á Deportividade
A entrega de trofeos estivo presidida polo Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a quen acompañaban autoridades e personalidades do mundo do fútbol e de patrocinadores e colaboradores do torneo, que contou un ano máis coa impecable organización da E.F. Porteiro 2000.
CADRO DE HONRA:
POSTO | EQUIPO |
CAMPIÓN | FC BARCELONA |
SUBCAMPIÓN | SL BENFICA |
3º CLASIFICADO | UD SANTA MARIÑA |
DEPORTIVIDADE | REAL VALLADOLID |
4º CLASIFICADO | FC PORTO |
5º CLASIFICADO | RC CELTA |
6º CLASIFICADO | LUCEAFARUL CLUJ |
7º CLASIFICADO | XUVENTUDE OROSO |
8º CLASIFICADO | REAL SPORTING DE GIJÓN |
9º CLASIFICADO | RC DEPORTIVO A CORUÑA |
10º CLASIFICADO | CD LUGO |
11º CLASIFICADO | REAL VALLADOLID |
12º CLASIFICADO | PABELLÓN CF |
13º CLASIFICADO | ATHLETIC CLUB |
14º CLASIFICADO | SPORTING BRAGA |
15º CLASIFICADO | CORUXO FC |
16º CLASIFICADO | ATLÉTICO CUNTIS |
17º CLASIFICADO | AJ LÉREZ |
18º CLASIFICADO | EF PORTERO 2000 |
19º CLASIFICADO | ED AROUSA |
20º CLASIFICADO | SALGUEIRIÑOS CF |
O cadro completo de partidos e resultados pódese consultar aquí.
Relacionadas:
-
O Arosa suspende o seu torneo internacional de fútbol base pola pandemia
Por Redacción |
-
Vilarreal, principal novidade no cartel do XVIII Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín Cidade de Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Toneladas de ilusión na fase previa do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
Emoción, goles e bo xogo na primeira xornada do XVII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Cartel de luxo para o XVII Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Sete equipos clasifícanse para a fase final do Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Daniel Santomé |