A natación sincronizada pide paso co Campionato Galego e o Trofeo Concello de Pontevedra
Por Redacción
Tres días consecutivos de natación sincronizada en Pontevedra. Así afrontan os clubs galegos a dobre cita que terá como escenario a cidade de Lérez.
Durante as xornadas de sábado e domingo a piscina olímpica de Pontemuiños acollerá, dende as 10:30 horas en ambas as dúas xornadas, o Campionato Galego de Nivel, a cita anual máis importante desta disciplina a nivel autonómico.
Por se fose pouco, e como prolongación dun "incrible fin de semana deportivo" na cidade, segundo o cualificou a concelleira de Deportes Anxos Riveiro, o luns se 22 celebrarase a sétima edición do Trofeo Concello de Pontevedra.
O Casino Mercantil, en Mourente, acollerá a competición coa presenza de seis clubs galegos e 255 nadadoras, con idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos.
Trátase dunha cita para rutinas de base e de nivel que terá horario de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00.
Os clubs participantes son: Natación Sincronizada Pontevedra, Augamarina, Sincro Coruña, Sincro Obradoiro, RCN Vigo e Rías Baixas.