Meritorio papel dos infantís da Gimnástica no Campionato de España
Por Redacción
Bo nivel do equipo masculino da Sociedad Gimnástica no Campionato de España Infantil de Atletismo celebrado en Valladolid.
O conxunto pontevedrés rendeu por enriba do previsto antes de comezar a competición para finalizar na décimo quinta praza entre os 30 clubs participantes, remontando cinco prazas na mañá deste domingo con respecto á clasificación que ocupaba o sábado.
Destacou a actuación do relevo 5x80 metros composto por Antón Martínez, Antón Paz, Pedro Fernández, Juan Carlos Pérez e Roi Surribas, que conseguiron gañar a súa serie cun tempo de 52,99 segundos sendo sextos na xeral.
Precisamente en 80 metros Antón Martínez tamén foi sexto e Juan Carlos Pérez undécimo.
Tamén realizaron unha notable competición Pedro Santos (xavelina e 1.000 metros), Roi Surribas (xavelina), Antón Martínez (peso), Álvaro Piñeiro (peso e 2.000 marcha), Antón Paz (1.000 metros e altura), Pablo Boleas (altura e 80 valos), Pedro Fernández (80 valos e lonxitude), Antón Olmedo (lonxitude e 2.000 marcha).