Comeza a campaña de captación de socios do Pontevedra C.F. para a segunda volta
Por Alejandro Espiño
Aumentar unha cifra de socios que, actualmente, rolda os 2.500. ÿ o obxectivo da nova campaña de captación de abonados do Pontevedra C.F. Coincide co arranque da segunda volta do campionato ligueiro. E por iso, facendo un xogo de palabras, o eslogan escollido para esta campaña é un directo "Quen dixo que segundas partes nunca foron boas".
Os responsables do Pontevedra C.F. pretenden atraer así a novos socios ofrecendo importantes rebaixas. Todos aqueles afeccionados que desexen abonarse ata o final da presente tempada 2012-2013 terán un desconto do 50 por cento no prezo dos abonos, que teñen un prezo máximo de 110 euros se se adquíre localidade de tribuna.
O listado completo dos prezos é o seguinte:
Adulto | Bonificado | Xuvenil | Infantil | Baby | |
Tribuna | 110 | 55 | 32,50 | 20 | 5 |
Preferencia | 75 | 37,50 | 27,50 | 17,50 | 5 |
Fondo norte | 40 | ----- | 25 | 12,50 | 5 |
Fondo sur | 40 | ----- | 25 | 12,50 | 5 |
Baby: de 0 a 6 anos (ambos inclusive)
Infantíl: de 7 a 13 anos (ambos inclusive)
Xuveníl: de 14 a 18 anos (ambos inclusive)
Bonificado: xubilados, parados e estudantes de 18 a 25 años (ambos inclusive)