Primeiros pasos na organización do Nacional de orientación, que reunirá en marzo a 1.500 deportistas
Por Diego Espiño
A organización do próximo Campionato de España de Orientación a pé, en mans do Club Montañeiros A Roelo coa colaboración de Concello de Pontevedra e as federacións galega e española, traballa en ultimar os detalles dunha competición que reunirá na cidade a "preto de 1.500 persoas", segundo confirmou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
A competición quedou fixada para os días 24, 25, 26 e 27 de marzo de 2016, coincidindo coa próxima Semana Santa.
Trátase dunha modalidade deportiva que combina a esixencia física coa orientación en montaña e probas en diversas localizacións. Entre elas destacan catro zonas: o centro histórico de Pontevedra, Pontillón do Castro, Siradella (O Grove) e Pazos de Borbén.
Este campionato supón o evento de orientación máis ambicioso dos realizados nos últimos anos, como o Ibérico de raids en 2014 ou o Ibérico de orientación a pé en 2015, todos baixo a organziación de Montañeiros A Roelo.
Será a segunda vez que a cidade de Lérez, que será o centro neurálxico da proba, organice un Nacional desta modalidade deportiva, e dende o Concello xa pensan en obxectivos máis ambiciosos: "fixemos unha oferta de cara o futuro para continuar ou mesmo traer probas internacionaus de maior nivel", recoñeceu o alcalde.
O Campionato de España de Orietación a Pé celebrarase nas modalidades de sprint, longa distancia, relevos e por comunidades autónomas.
Relacionadas:
-
Todo a punto para recibir aos 1.300 participantes do Campionato de España de Orientación
Por Diego Espiño |
-
Unha participación de luxo para o Campionato de España de Orientación
Por Diego Espiño |
-
Piragüismo, tríatlon, orientación... grandes eventos deportivos para o 2016
Por Diego Espiño |
-
O Camelback-Silva proclámase campión ibérico de raids na PontevedRAID 2014
Por Noel Queipo |
-
O Campionato Ibérico de raids de orientación reúne durante a fin de semana máis de 500 deportistas
Por Diego Espiño |