O Arxil xógase en Vigo, fronte ao Celta, o seu pase á fase final da Copa Galicia
Por Redacción
O sábado a partir das 18,30 no pavillón de Navia de Vigo, o Arxil enfrontarase ao Celta de Vigo en partido correspondente á Copa Galicia na súa terceira xornada. O gañador terá o premio de clasificarse para a fase final que se disputa en Ferrol o fin de semana seguinte.
Ambos os dous equipos fixeron unha aposta moi parecida. Tanto Celta como Arxil optaron pola canteira e o estan notando nesta pretempada na que o Celta gañou en Ourense, perdendo ante Cortegada e Ensino, mentres que o Arxil gañou ao Olivais e perdeu con Vagos, Bogotá e Cortegada, o que converte o choque nun partido máis para que as xogadoras de ambos os dous equipos sigan sumando minutos e responsabilidade en pista.
Coa dúbida de Andrea Carrera, o Arxil desprazarase a Vigo coas mesmas que xogaron ante o Cortegada.