O Galaico presume de base social na presentación da súa nova tempada
Por Redacción
Con preto de 240 deportistas, o Club Natación Galaico converteuse nunha das referencias da natación galega. E para celebralo, este fin de semana reuniron a todos os seus integrantes para inaugurar oficialmente a tempada 2015-2016.
As principais bazas son dous nadadores que loitarán nos próximos meses por clasificarse para os Xogos Olímpicos de Río 2016, Bea Gómez Cortés e Chano Rodríguez, pero a súa verdadeira fortaleza é a súa base social, formada por deportistas de entre tres e setenta anos.
Os seus integrantes agrúpanse en categoría promesa (nenos de ata oito anos), benxamín (9-10 anos), alevín (11-12 anos), infantil (14-15 anos), júnior (16-17 anos), absoluta (a partir de 17 anos) e máster (dos 25 anos en diante). Todos eles acudiron ao Pazo da Cultura para facerse a oportuna foto de familia.
Nesta nova tempada, o CN Galaico tratará de repetir os magníficos resultados colleitados na anterior. O último título que engordou o seu asombroso palmarés é a primeira Copa de España de augas abertas disputado recentemente en Cartaxena.
Este éxito colectivo chega despois de conseguir o terceiro posto no Campionato de España desta modalidade e ser segundo no Nacional de longa distancia.
Ademais, o complexo deportivo Rías do Sur, sede social do CN Galaico, pretende seguir sendo un centro de referencia para a organización de campionatos nacionais de natación que converten, de forma habitual, a Pontevedra na referencia deste deporte en todo o país.
Relacionadas:
-
Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez acoden ao Campionato de España de Natación Adaptada
Por Redacción |
-
Primeiro test internacional da tempada olímpica para Bea Gómez na Amsterdam Swim Cup
Por Redacción |
-
Bea Gómez e o Galaico, ante a primeira gran competición da tempada
Por Redacción |
-
Rías do Sur, escenario do Campionato Galego de Natación de Longa Distancia
Por Redacción |
-
O Natación Galaico inicia en Santiago a súa defensa do título na Liga Galega de Clubs
Por Redacción |
-
O Natación Galaico proclámase campión da I Copa de España de Augas Abertas
Por Redacción |
-
O Galaico, mellor club do Campionato Galego Open de Natación
Por Redacción |
-
Bos resultados para o Natación Galaico no Campionato de España de Augas Abertas
Por Redacción |