O Natación Galaico inicia en Santiago a súa defensa do título na Liga Galega de Clubs
Por Redacción
Custoulle varios anos recuperar o título de mellor club galego e non quere desprenderse desta honra ao primeiro de vez.
O Natación Galaico inicia a próxima fin de semana o seu defensa do título na liga Galega de Clubs, competición que se adxudicou hai poucos meses na final disputada en Pontevedra.
A primeira parada é a a piscina santiaguesa de Santa Isabel nunha cita que se disputará durante a tarde do sábado día 31.
Un total de 22 nadadores completan a representación da entidade pontevedresa.
A convocatoria compóñena: Paula Goyanes, Carla Goyanes, Cristina García, Iria García, Ana Pérez, Águeda Cons, Henar Cons, Nuria Erselle, Inés Gómez, Lara Gómez, Miguel Ángel Garrido, Cibrán Leal, Diego Abal, Iago Lorenzo, Juan David Hernández, Cristian Fernández, Alejandro Torres, Jacobo Ucha, Tomás Bouzas, Daniel Sánchez, Guillermo Soto e Gerardo González.