O Pontevedra recoñece o despedimento improcedente de Milo Abelleira e pacta a súa indemnización
Por Diego Espiño
Milo Abelleira e o Pontevedra Club de Fútbol chegaron a un acordo económico en relación a unha demanda por despedimento improcedente presentada polo ex-adestrador e director deportivo.
O acordo pechouse este luns antes do xuízo que se ía a celebrar no Xulgado do Social 3 de Pontevedra, tras rebaixar Abelleira as súas pretensións económicas iniciais.
O Pontevedra recoñece no documento o despedimento improcedente do que era na súa última etapa coodinador das categorías inferiores, a quen se lle rescindiu o contrato a poucos días do comezo da fase de ascenso, o pasado mes de maio.
Ambas as partes pactaron unha indemnización, aínda que non quixeron aclarar as cantidades concretas ao existir un acordo de confidencialidade. De todos os xeitos o avogado do Pontevedra, Andrés Malvar, sinalou a PontevedraViva que se trata de "un acuerdo satisfactorio para ambas partes".
Con este episodio non se pecha aínda o enfrontamento xudicial entre Milo Abelleira e a entidade que preside actualmente Lupe Murillo, pois está pendente a celebración doutra vista pola reclamación de diversas cantidades por parte do ex-técnico, xuízo sinalado para o próximo mes de febreiro no Xulgado do Social 4.
En total, segundo varias fontes consultadas por este medio, a cantidade que reclamaba Abelleira entre os dous procesos roldaba inicialmente os 200.000 euros.
Aínda que non chegou a celebrarse o xuízo, ao mesmo estaban convocados como testemuñas, por parte de Milo, os ex-presidentes Mauricio Rodríguez e José Manuel Fernández e o ex-adestrador Manu Fernández, mentres polo Pontevedra íanse a presentar como testemuñas a propia presidenta, Lupe Murillo, os conselleiros Roberto Feáns, Pablo Galván e Enrique Mariño e a empregada Natalia Penide.
Relacionadas:
-
Milo Abelleira volve aos bancos para adestrar o Rápido de Bouzas
Por Redacción |
-
Arquivada a denuncia do Pontevedra a José Manuel Fernández e Milo Abelleira por estafa
Por Diego Espiño |
-
O TSXG confirma a sentenza que condena o Pontevedra a pagar a Milo Abelleira máis de 135.000 euros
Por Ramiro Espiño |
-
Sen acordo entre o Pontevedra e Milo Abelleira no segundo dos xuízos polo seu despedimento
Por Diego Espiño |
-
Izarra, un equipo con dúas caras do que non se fía o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Milo Abelleira, despedido do Pontevedra CF: enterouse a través dun SMS da Seguridade Social
Por Diego Espiño |