Centos de pontevedreses anímanse a correr pola diabete
Por Diego Torrado
O venres eran xa 630 os inscritos nas diferentes categorías, e este sábado desbordaron as previsións esgotando incluso os dorsais dispoñibles.
A milla urbana organizada pola Asociación de Nenas e Nenos con Diabete de Galicia (Anedia) coincidindo, 14 de novembro, co Día Mundial da Diabetes, foi un auténtico éxito de participación.
Por espazo de case dúas horas desenvolvéronse diferentes carreiras, nas que participaron desde os atletas máis pequenos ata os absolutos, todos coa intención de facer visible a enfermidade entre a poboación, especialmente entre os escolares.
A carreira, que partiu e finalizou na Praza de España, foi o colofón dunha serie de actividades desenvolvidas durante a última semana por Anedia.
Relacionadas:
-
Anedia pide á Xunta implicación para que os colexios cumpran co protocolo de atención a nenos con diabete
Por Diego Espiño |
-
As farmacias de Pontevedra solidarízanse coa diabete
Por Elena Álvarez Quintá |
-
Os enfermos intestinais e os diabéticos reclaman poder entrar coa súa mochila nos museos e cines
Por Redacción |
-
Os profesores de colexios con nenos con diabete pasarán a recibir formación específica sobre a enfermidade
Por Redacción |
-
A cor azul volve tomar Pontevedra polo Día Mundial da Diabete
Por Redacción |
-
Milla urbana para sensibilizar á poboación sobre a diabete infantil
Por Redacción |