Gran papel do Mace Sport no Campionato de España de Taekwondo por clubs
Por Redacción
O taekwondo pontevedrés, e en particular o Mace Sport, brillou con luz propia no Campionato de España de Clubs celebrado durante toda a ponte festiva en Benicassim.
Os deportistas do Mace Sport coleccionaron un bo número de medallas nas diferentes modalidades de combate, técnica e exhibición.
A categoría júnior de combate foi unha da que deu maiores alegrías, con ouros para Sara Cortegoso e Javier González e prata para Rubén Troitiño. Ademais conseguiron medalla para o Mace Sport Anxo Pazos cun ouro, e Jessica Blanco e Marta Colón con senllos bronces.
En combate destacou tamén o campionato de Katya Calvar (Mat's) en -67 quilos senior, ao impoñerse nunha categoría na que Lúa Piñeiro (Natural Sport) quedou a un paso da final.
Doutra banda o Taekanart sumou os metais de Aarón Ledo, cun ouro en idade pre-cadete, e Xián Rodríguez, bronce cadete.
En técnica o Mace Sport sumou un bronce por medio de Diego Rodríguez e unha prata grazas a Sarai Pazos, mentres en Freestyle Anxo López (ouro) e Adrián Ventín (bronce) conseguiron medallas individuais que acompañaron Sarai Pazos e Ángel Ventín cun ouro en parellas e outro primeiro posto máis nos quintetos. Tamén o Taekanart subiu ao podio cun bronce en parella.
Para completar os bos resultados, na clasificación de clubs o Mace Sport foi segundo na categoría júnior de combate, primeiro posto en Freestyle e segundo en exhibición.
Relacionadas:
-
Pontevedra, premiada na Gala Nacional da Federación Española de Taekwondo
Por Redacción |
-
Notable papel do Taekanart no autonómico cadete
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro e Katya Calvar soben ao podio no Open de Marrocos de Taekwondo
Por Redacción |
-
Xían Silva consegue o bronce no Europeo Sub-21 de taekwondo
Por Redacción |