Melania Rodríguez consegue unha medalla de bronce no Mundial de Ximnasia Trampolín
Por Redacción
Sobresaínte papel dos deportistas do Club Ximnasia Pontevedra no Campionato do Mundo por Idades celebrado na localidade danesa de Odense.
Alí brillou sobre todo Melania Rodríguez, ao subirse ao terceiro chanzo do podio na categoría de dobre minitramp de 13-14 anos.
Melania pasou á final en primeira posición, pero os 67.700 puntos que logrou nas súas dúas quendas fixéronlle finalizar na terceira praza, coa que asegurou a medalla de bronce. Ademais a pontevedresa acabou no posto 21 na categoría de trampolín.
A ximnasia pontevedresa logrou colocar a outros dous deportistas en finais. Conseguírono Alejandro Cid e Alejandro Bernárdez, sendo ambos os oitavos en dobre minitramp nas categorías de 15-16 anos e de 17-18 respectivamente.
Tamén competiron en Odense Antonio Campos e Yael Campelo, cuxos mellores resultados foron un duodécimo e un décimo cuarto posto respectivamente en dobre minitramp para deportistas de 17-18 anos.
Acompañando aos deportistas pontevedreses desprazáronse ata Dinamarca os seus adestradores Isaura Hermida e Pablo Hinojar, dentro da estrutura do equipo nacional.