O Galaico denuncia a "situación discriminatoria" da Federación Galega co seu nadador paralímpico Chano Rodríguez
Por Redacción
É medallista paralímpico, conta con preseas en campionatos mundiais e europeos, pero non pode puntuar co seu club no Campionato Galego de Inverno que se está celebrando en Pontemuiños.
O Club Natación Galaico denunciou mediante un comunicado a "situación discriminatoria" que vive o seu nadador Chano Rodríguez, despois de que a Federación Galega de Natación ratificase na súa última asemblea a decisión de non contar coa puntuación dos nadadores con discapacidade na clasificación xeral do campionato.
"Galicia foi pioneira na integración destes nadadores, xa que noutras autonomías punteiras na natación, como Cataluña, non se lles permite participar co resto dos competidores, pero desde hai dous anos deuse un paso atrás co impedimento de que puntúen", explica o club pontevedrés.
Desta forma Chano, aínda que toma parte na competición, non poderá colaborar co seu club na clasificación xeral, na que o Galaico opta ao título.
A entidade pontevedresa propuxo na asemblea recuperar a anterior normativa, idea que foi rexeitada "con argumentos moi desafortunados" como que "un club con varios nadadores discapacitados desvirtúa a competición xa que gañaría o campionato de calle", sinala no seu comunicado a entidade deportiva, que cualifica de "retroceso" esta situación.
Relacionadas:
-
Chano Rodríguez, en boa forma pensando en Río
Por Redacción |
-
Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez acoden ao Campionato de España de Natación Adaptada
Por Redacción |
-
O Natación Galaico, na busca de recuperar a categoría perdida
Por Redacción |
-
O Natación Galaico cumpre os prognósticos e proclámase campión galego de inverno
Por Redacción |
-
A natación galega cítase en Pontemuiños por Nadal
Por Redacción |