Deporte e solidariedade unidos na VI Edición da Carreira do Truco en Seixo
Por Redacción
A Casa da Cultura de Seixo é o punto de inicio e final da VI Edición da Carreira do Truco. Esta carreira popular, que está organizada pola asociación ACEMAS (Asociación de Comerciantes Marín Sur), ten como data de inicio prevista o domingo 7 de febreiro a partir das 11:00 horas.
Sendo a inscrición de balde, poderase colaborar co Banco de Alimentos achegando de maneira voluntaria un litro ou un quilo de comida non perecedoira.
O percorrido conta cun total de 8 quilómetros e a saída está neutralizada desde a Casa da Cultura ata o viario de praias. A partir de aí, cada un poderá realizar o traxecto ao seu ritmo ata chegar a Portocelo, onde haberá un avituallamento no punto de retorno. Ademais no viario de praias, levarse a cabo unha andaina duns 6 quilómetros.
A participación está aberta tanto a nenos como a adultos, sendo diferente a hora de inicio para as diferentes categorías. Mentres que as carreiras infantís están previstas para as 11:00 horas, media hora máis tarde terá lugar o comezo da carreira de adultos.