Merecida vitoria do Arenteiro en San Pedro ante un Marín minguado polas baixas
Por Redacción
O Arenteiro foi xusto vencedor en San Pedro mostrándose como un equipo que a pesar de vir toucado despois das súas dúas últimas derrotas demostrou ser moi superior a un Marín que segue sen poder contar cun once de garantías, debido á gran cantidade de lesionados que padece, o cal o obriga a tirar da canteira para completar a convocatoria.
O equipo visitante tomou as rendas do encontro nada máis comezar, controlando o medio campo e moi seguro en defensa. Nunha das poucas ocasións que tivo o Marín conseguiu o seu gol. Sería no minuto 26, despois do lanzamento dun córner por parte de Hélder que André remataría ao fondo da portaría do gardameta visitante Macía.
Varias ocasións tivo o Arenteiro para empatar o encontro pero unhas veces a falta de acerto dos dianteiros e outras o acerto do meta local, impediron que se movese o marcador.
Nada máis comezar a segunda metade, minuto 50, o Arenteiro empata o encontro grazas a David Suárez, ao rematar un centro pola banda esquerda. No minuto 58 o Marín por mediación de Silva estivo a punto de bater ao meta visitante nunha vaselina que un defensa sacaría baixo paus. A partir de aquí o Arenteiro foi amo e señor do partido, encerrando ao Marín na súa área, ata que no minuto 64 Iglesias controla o balón en medio campo, regatea varios defensas internándose na área e batendo ao meta local Pablo na súa saída.
O Marín tivo a súa oportunidade no minuto 89, cando Dani remata un balón solto dentro da área e un defensa salva sobre a mesma liña de gol. Aquí rematouse o partido cunha merecida vitoria do equipo visitante e un Marín que moito ten que mellorar para escapar dos postos baixos da clasificación.
MARÍN C.F.: Pablo, Adrián (Fonso), Agus, André, Romeiro (Solla), Tinaia, Darío (Lois), Alex Corrales (Joaquín), Silva, Helder, Dani.
ARENTEIRO: Macía, Pazos, Dabarca, Xurxo, Escudeiro, Gabriel (Pana), Contraventos (Cristian), Dacosta, David Suarez, Iglesias, Javi López (Bardelas).
Árbitro: Carlos Fernández, asistido por Adrián Fernández e Samuel Gil. Amoestou a Dani, Solla, Pazos, Dabarca e Contraventos. Expulsou o adestrador visitante Ramón Dacosta.
Goles: (1-0) Minuto 26. André. (1-1) Minuto 50. David Suárez. (1-2) Minuto 64. Iglesias.
Incidencias: Estadio Municipal de San Pedro (Marín) Unos 175 aficionados. El partido estuvo suspendido unos 10 minutos cuando el colegiado expulsó al entrenador visitante Ramón Dacosta negándose éste a abandonar el terreno de juego.
Víctor Lorenzo para PontevedraViva.