Unha participación de luxo para o Campionato de España de Orientación
Por Diego Espiño
O Campionato de España de Orientación a pé, que se celebrará en Pontevedra entre os días 24 e 27 de marzo coincidindo coa Semana Santa, contará cunha notable participación internacional.
A pesar de que non competirán polo título nacional, entre os inscritos figuran deportistas de Finlandia, Rusia, Italia ou Portugal, que se sumarán aos mellores especialistas das diferentes rexións de España.
Especial mención merece a Selección Finlandesa, unha das maiores potencias internacionais deste deporte, que elixiu Pontevedra para testar o seu momento de forma durante uns meses nos que é complicado adestrar no seu país.
"La orientación allí es como el fútbol aquí", recoñece o director do campionato, Javier Alvelo, do Club Montañeiros A Roelo, satisfeito polo nivel competitivo co que contará un evento que para eles supón un grande reto organizativo.
En total formalizáronse máis de 2.000 inscricións, pero ao tratarse de cinco modalidades deportivas e participar algúns deportistas en varias delas, a cifra total de participantes "ronda los 1.000 en total".
O Campionato de España de Orietación a pé celebrarase nas modalidades de sprint, longa distancia, remudas e por comunidades autónomas. Ademais de Pontevedra como punto neurálxico e o centro histórico como escenario dalgunha das probas, a competición tamén se trasladará a outros escenarios como o Pontillón do Castro, Siradella (O Grove) e Pazos de Borbén.
Relacionadas:
-
Relevos e Sprint, as probas da segunda xornada do CEO 2016
Por Noel Queipo |
-
Anna Serrallonga e Antonio Martínez conseguen a primera proba do Campionato de España de Orientación
Por Noel Queipo |
-
Todo a punto para recibir aos 1.300 participantes do Campionato de España de Orientación
Por Diego Espiño |
-
Piragüismo, tríatlon, orientación... grandes eventos deportivos para o 2016
Por Diego Espiño |
-
Primeiros pasos na organización do Nacional de orientación, que reunirá en marzo a 1.500 deportistas
Por Diego Espiño |