Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez acoden ao Campionato de España de Natación Adaptada
Por Redacción
O Club Natación Galaico estará representado a próxima fin de semana, os días 12 e 13 de marzo, no Campionato de España de Natación Adaptada por comunidades autónomas que se celebra en Sabadell, para o que foron convocados Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez.
Ambos acoden á cita coa vista posta nos Xogos Paralímpicos de Río de Janeiro, do mesmo xeito que o resto de nadadores, que buscan certificar as marcas mínimas necesarias para acudir a Brasil.
Cimadevila nadará unicamente unha proba, os 100 braza, mentres Chano participará nos 50, 100 e 200 libre.
En total participarán no Campionato 194 deportistas, entre os que se atopan as figuras máis destacadas da natación adaptada nacional.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Pablo Cimadevila: Sempre máis!
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Chano Rodríguez, en boa forma pensando en Río
Por Redacción |
-
O Galaico denuncia a "situación discriminatoria" da FEGAN co seu nadador paralímpico Chano Rodríguez
Por Redacción |
-
O Galaico presume de base social na presentación da súa nova tempada
Por Redacción |