Destacada actuación do taekwondo pontevedrés no Open de Holanda
Por Redacción
O taekwondo pontevedrés conseguiu tres medallas no Open de Holanda, de categoría G-1, tras unha destacada actuación.
O mellor resultado foi o de Jessica Blanco (Mace Sport) en categoría junior, ao conseguir o ouro tras impoñerse nos seus catro combates. Ademais Unai Silva (Mace Sport) colgouse a medalla de bronce.
Na categoría senior a única medalla pontevedresa logrouna a marinense Katya Calvar (Mat's) cun bronce en -67 quilos. Katya perdeu ante a cabeza de serie número un, a rusa Barishnikova, por un apertado tenteo de 2-1. Antes gañara a turca Melisa Mizrak, á alemá Vanessa Koerndl e á rusa Isahckenko. Non tivo tanta fortuna na mesma categoría Lúa Piñeiro (Natural Sport).
Tamén foi notable o torneo do pontevedrés Borja Ríos (Hebe), ao finalizar quinto en -63 quilos.
Tras o Open de Holanda, Lúa Piñeiro e Katya Calvar adestrarán durante toda a semana coa Selección Española en Bélxica, onde se disputará un novo open internacional a próxima fin de semana, na localidade de Lommel.