Rogers non chega a tempo para viaxar a Granada
Por Redacción
Sabe o Peixe Galego que pase o que pase non poderá lograr o ascenso esta semana, xa que un dos seus dous perseguidores sairá vitorioso do choque entre ambos, pero o cadro marinense pode dar un paso case definitivo cara ao título en Andalucía.
Os de Javi Llorente visitan a complicada cancha do Covirán Granada (sábado, 20:15 horas), un equipo conformado para pelexar polo salto de categoría pero que nas últimas semanas baixou o seu rendemento, con dúas derrotas consecutovas na casa.
A pesar diso os locais xóganse moito ante o Peixe para tentar chegar ao play-off con vantaxe de cancha.
O bloque marinense contará en Granada coa importante baixa de Gabe Rogers, que ao continuar con molestias preferiu non forzar para chegar en boas condicións ao seguinte partido na Raña. Non estará o máximo anotar peixe e tampouco Gregorio Adón, baixa os últimos partidos.
Javi Llorente queda con menos opcións no xogo exterior, polo que de novo homes como Pantín ou Javonte Green deberán aumir galóns desde o xogo interior para pelexar polo triunfo.
En caso de gañar, o Peixe Galego quedaría a unha sóla vitoria de asegurar matematicamente o ascenso.