Marín Peixe Galego vence na prórroga en Granada (81-86) e queda a un triunfo do ascenso a LEB Ouro
Por Redacción
Coa súa vitoria na prórroga no Palacio dos Deportes de Granada, Marín Peixe Galego roza a gloria e terá a súa primeira oportunidade de ascender a LEB Ouro o vindeiro venres ante a súa afección na Raña. Claro que non será fácil, xa que o rival será Aceitunas Fragata Morón no seu mellor momento da tempada: cinco vitorias seguidas tras derrotar a Carrefour 'El Bulevar' de Ávila.
Os de Javi Llorente suman o seu décimo triunfo seguido e deixan a Covirán Granada inmerso nunha espectacular pelexa polos postos de cabeza de serie.
Case 4.000 persoas déronse cita na cancha granadina para presenciar un encontro que transcorreu moi igualado nos seus primeiros compases. Marín Peixe Galego comezaba a estirarse na parte final do primeiro cuarto (14-19) e íase ata os sete puntos de renda no comezo do segundo (21-28).
Os de Javi Llorente querían romper o choque e colocaban un claro 24-36 a pouco máis de catro minutos para o descanso. Pablo Pin paraba o encontro e a recomposición de ideas funcionaba: 11-0 para acabar a primeira parte e liderado no marcador cunha canastra inicial de John Schoof (37-36).
A partir dese momento, a igualdade foi a característica do choque. Covirán Granada lograba a súa máxima renda (50-45), neutralizada cun 0-7 visitante. Xa no cuarto final, intercambio de xogadas de tres puntos que favorecía ao líder (58-64). Os andaluces repoñíanse cun 6-0, pero outra vez Marín parecía ter o choque encarrilado (64-70 xa no minuto final).
Pero os locais non fallaban desde a liña e Berni Castelo protagonizaba a xogada que puido ser decisiva: roubo e obxecto de falta antideportiva. Empate a 70 e última opción para os granadinos, que non acertaban.
No período extra, o choque mantivo a máxima igualdade. Intercambios constantes no marcador ata que no último minuto, con 81-84 no marcador e Iván Martínez e Jesús Fernández eliminados, Covirán Granada deixouse catro tiros libres vitais, mentres que o seu rival non perdoaba, para deixar a LEB Ouro ao alcance dunha soa vitoria máis.
Destacar unha vez máis a sensacional actuación de Javonte Green, que ante as baixas de Gabo Rogers e Goyo Adón, asumiu a responsabilidade sumando 30 puntos, 7 rebotes e 10 faltas recibidas para 35 de valoración, nun gran duelo co local Berni Castelo: 24 puntos, 9 rebotes, 7 faltas recibidas e 31 de valoración.
Consulta aquí as estatísticas do partido.
Relacionadas:
-
O día que o Peixe bañou en ouro a Marín
Por Manu Otero |
-
Marín Peixe Galego culmina unha tempada máxica co ascenso a LEB Ouro tras derrotar a Morón (83-68)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Peixe Galego cítase coa historia
Por Diego Espiño |
-
Rogers non chega a tempo para viaxar a Granada
Por Redacción |
-
O Peixe Galego acariña o ascenso tras dobregar un combativo Valladolid (90-83)
Por Redacción |
-
O estado de Gabe Rogers, preocupación do Peixe Galego ante a visita do Ciudad de Valladolid
Por Redacción |