O PRC repite triunfo no derbi pontevedrés ante Mareantes (13-19)
Por Redacción
O Pontevedra Rugby Club levou, do mesmo xeito que na primeira volta, o derbi pontevedrés de rugby ante Mareantes (13-19) na última xornada da liga regular da Primeira Territorial.
Nun intenso e igualado partido, o PRC decantou o duelo grazas á profundidade de banco e ante o cansazo final do Mareantes, debido as celebracións de San Patricio.
O Mareantes foi o encarcado de inaugurar o marcador cun primeiro ensaio, pero a réplica máis transformación do PRC deu a volta ao marcador, confirmado antes do descanso con outro ensaio que poñía o 5-12.
A segunda metade arrincou con dominio do PRC e perigosos contraataques do Mareantes ata que un novo ensaio e transformación encarrilaba o partido (5-19). Mareantes non se rendeu e recortou distancias ata o 13-19, pero faltoulle tempo para completar a remontada.
Con este resultado o PRC clasifícase para o play-off polo título ao finalizar na cuarta praza, sendo o seu rival o campión da liga regular, o Campus Ourense. Pola súa banda Mareantes, que xa estaba clasificado como terceiro, xogará a semifinal ligueira ante o CR Ferrol.
Relacionadas:
-
O equipo sub-18 do PRC gaña a liga galega e pensa xa no Campionato de España
Por Redacción |
-
Mareantes e Pontevedra Rugby Club, eliminados nas semifinais polo título galego
Por Redacción |
-
Pecha o San Patricio con aumento da participación
-
Vitoria ante Os Ingleses e salvación dun Pontevedra RC que mira xa cara o play-off
Por Redacción |
-
O Pontevedra Rugby Club cede nun bo partido ante o líder e o Mareantes gaña a Lalín
Por Redacción |