Javi Llorente, tras o ascenso do Peixe: "Se ha ganado más por corazón que por táctica"
Por Ramiro Espiño
Exultante tras o histórico ascenso do seu equipo á liga LEB Ouro, Javi Llorente recoñeceu aínda na pista da Raña que "si nos lo dicen a principio de temporada no nos lo creeríamos".
O técnico 'peixe' recoñeceu a PontevedraViva que "en estos momentos tampoco te das cuenta de todo lo que has pasado en la temporada", sinalando como unha das claves que "todos los equipos tienen problemas y nosotros no los hemos tenido".
Javi Llorente: "Si tuviesemos que jugar dos partidos más no sé si llegaríamos"
Só no tramo final as lesións de homes importantes como Rogers ou Adón puxeron en xaque ao equipo pero "el resto lo han sacado adelante, porque se nos estaba haciendo largo. Si tuviesemos que jugar dos partidos más no sé si llegaríamos", explicou Llorente.
Para o adestrador do equipo marinense foi fundamental o apoio a comuñón co público da Raña, que lles levou a gañar todos os partidos como local fóra da primeira xornada, e tamén a unión dos xogadores "tanto dentro como fuera del vestuario".
En canto ao partido ante o Morón, Javi Llorente recoñeceu que "se ha ganado más por corazón que por táctica", aínda que nos momentos de dúbida "la gente ha tirado muchísimo de nosotros y nos ha llevado a tener una intensidad que no hemos tenido todo el año".
Conseguido o milagre do ascenso agora toca pensar no futuro. "No sé si estaremos en LEB Oro o no", sinala o preparador, porque "esas cosas ya las veremos más adelante". Agora "es el momento de disfrutar", declarou, e ben que llo gañaron.
Relacionadas:
-
O día que o Peixe bañou en ouro a Marín
Por Manu Otero |
-
Javi Llorente seguirá como adestrador 'peixe' unha tempada máis
Por Redacción |
-
9 de xuño, data clave para o futuro do Peixe Galego na LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
Marín Peixe Galego culmina unha tempada máxica co ascenso a LEB Ouro tras derrotar a Morón (83-68)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |