Un convenio a tres anos para converter Marín no centro do baloncesto galego
Por Diego Espiño
Concello de Marín, Federación Galega de Baloncesto e o Club Baloncesto Peixefresco asinaron este xoves un convenio de colaboración que converterá ao municipio no centro do baloncesto galego durante os tres próximos anos.
En virtude do mesmo organizaranse en Marín diversas actividades relacionadas co deporte da canastra, como un clínic de adestradores ou concentracións das diferentes seleccións autonómicas.
Con todo o obxectivo do club 'peixe' pasa por volver organizar unha competición do máximo nivel. De feito no convenio recóllese que "si la Federación Española concede a Galicia algún Campeonato de España se podría hacer en Marín", explicou o directivo da entidade deportiva Luis Santiago.
Unha das competicións que máis interesan á Federación Galega é a Copa Princesa, da Liga Feminina, torneo que se quere reformular ampliándoo a oito equipos, a semellanza da Copa do Rey masculina.
"Serían palabras mayores", recoñece Santiago coñecedor das opcións que contaría Ferrol de organizalo co seu equipo, o Universitario Ferrol, como bandeira ao ser o único galego na máxima categoría. Con todo "Pontevedra y Marín podrían ser una de las sedes", argumenta o dirixente.
Á firma do convenio acudiron, ademais do propio Luis Santiago, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Micó, e o presidente do Peixe Galego, Javier Lage.
Relacionadas:
-
Sito Alonso, adestrador do Barcelona, convidado de luxo ao Clinic de Árbitros de Baloncesto de Marín
Por Redacción |
-
Marín acollerá en xuño o Campionato de España Infantil Feminino de baloncesto
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego confirma que será de LEB Ouro ao reunir o aval e pagar a inscrición
Por Redacción |
-
Os adestradores galegos de baloncesto reúnense en Marín
Por Redacción |
-
9 de xuño, data clave para o futuro do Peixe Galego na LEB Ouro
Por Diego Espiño |