O Teucro, a "regalarle una victoria a la afición" na súa despedida de Asobal
Por Diego Espiño
Afastados da batalla nos despachos que pode facerlles permanecer na máxima categoría, o plantel do Teucro prepárase para despedirse da Liga Asobal coa cabeza alta e "buen sabor de boca".
Por iso mentalizáronse para tentar vencer este sábado (17:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes ao Huesca, equipo que pelexa por terminar na oitava posición que lle aforraría xogar a primeira rolda da Copa do Rei.
Os azuis queren "intentar regalarles una victoria a la afición", tal e como recoñeceu José Manuel Rial.
"La dignidad deportiva, el respeto a la competición, a nuestra afición y al club nos obliga a intentar ganar", explica á súa vez o adestrador pontevedrés, Quique Domínguez, que conta con todo o plantel dispoñible.
Será a despedida do equipo, que xa non adestrará máis e comezará tras o partido as súas vacacións.
O encontro será arbitrado polos cataláns Luque Cabrejas e Pascual Sánchez.
Relacionadas:
-
Despedida coa cabeza alta do Teucro vencendo (33-30) ao Bada Huesca
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O BM Guadalajara ameaza con denunciar o presidente do Teucro por pedir o seu descenso
Por Diego Espiño |
-
Primeiros pasos do Teucro na planificación da próxima tempada
Por Diego Espiño |
-
O Teucro agárrase á Asobal e esixirá o descenso do Guadalajara por unha débeda
Por Diego Espiño |
-
Final cruel para o Teucro, que consuma en Cangas o seu descenso (26-26)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |