Javonte Green, MVP da tempada na LEB Prata
Por Redacción
A extraordinaria tempada que asinou o Marín Peixegalego na LEB Prata non pasou desapercibido. Conseguido o obxectivo colectivo do ascenso á LEB Ouro, chegan os recoñecementos individuais. Dous dos seus xogadores, Javonte Green e Gabe Rogers, foron incluídos no quinteto ideal do ano. O primeiro deles foi elixido ademais como o MVP -o xogador máis valioso- da tempada.
Javonte Green alcanza este recoñecemento alcanzado grazas ao seu portentoso físico e do que fixo gala xa desde os primeiros encontros de pretemporada coa camiseta dun Marín Peixegalego co que apuntaba realmente alto.
O seu primeiro MVP na sexta xornada de competición foi o mellor aviso dun xogador que dirixiu os focos da prensa unha e outra vez cara aos partidos do seu equipo grazas aos estratosféricos mates cos que levanto ao público da Raña dos seus asentos en non poucas ocasións. As estatísticas sinálano como o xogador máis determinante da competición, ao cimentarse o ascenso e o título copeiro no seu extraordinario rendemento.
"O MVP foi un premio moi traballado e do que sinto realmente orgulloso pero que nunca sería posible sen a axuda dos meus compañeiros así como sen o apoio de toda esa xente que forma parte da organización do club e que me fixo sentir realmente cómodo", asegura o aleiro estadounidense, que mostrou a súa esperanza de poder seguir xogando en Marín a próxima tempada.
Gabe Rogers foi, segundo sinalan desde a Federación de Baloncesto, unha peza crave para que o Marín Peixegalego lograse o dobrete. Aos seus 26 anos, o escolta norteamericano logrou facerse un oco no esixente baloncesto europeo. Os seus 188 centímetros permitíronlle mostrar un enorme talento ofensivo sendo capaz de desatascar unha e outra vez un bo número de encontros igualados sobre a cancha da Raña.
Grazas a un notable crecemento na súa capacidade anotadora, Rogers demostrou ser un xogador moito máis completo que o que chegou a Marín dous anos atrás e que destacou no seu primeiro ano pola súa fortaleza defensiva.
"Agora mesmo miro ao futuro cun certo optimismo xa que creo que con traballo o próximo ano pode ser moi bo para min", asegura o xogador que avanza que o seu desexo é poder continuar con Marín na LEB Ouro. "A miña relación co club e coa xente de Marín é realmente boa porque durante estes dous anos fomos unha gran familia polo que o poder seguir con eles sería sempre unha boa opción", sinalou.
O quinteto ideal complétase co base Carles Marzo (Carrefour El Bulevar), o á pivote Beau Levesque (Sáenz-Horeca) e o pivote Aleksandar Marcius (Sammic ISB).
Ademais, o adestrador marinense Javier Llorente foi elixido como o mellor da tempada. Con apenas 32 anos logrou o máis difícil aínda co primeiro dobrete na historia do club. Soubo espremer ao máximo a un persoal coa que tivo que realizar encaixe de palillos durante o tramo final de liga para poder sortear a praga de lesións sufrida e que non impediu que o seu equipo selase o ascenso cun dos xogos máis belos da competición.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Javonte Green, o ex-'peixe' que se sae na pretempada dos Chicago Bulls
Por Diego Espiño |
-
Axuda municipal para o reto de 'Ouro' do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Manu Ferreiro, primeira renovación 'peixe' para o seu debut en LEB Ouro
Por Redacción |
-
O Peixe Galego confirma que será de LEB Ouro ao reunir o aval e pagar a inscrición
Por Redacción |
-
Javi Llorente seguirá como adestrador 'peixe' unha tempada máis
Por Redacción |
-
9 de xuño, data clave para o futuro do Peixe Galego na LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
Marín Peixe Galego culmina unha tempada máxica co ascenso a LEB Ouro tras derrotar a Morón (83-68)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |