A preparación física das mulleres deportistas, a debate na universidade
Por Diego Espiño
Dobre campioa olímpica e agora directiva do Comité Olímpico Español. Theresa Zabell participa nunha xornada sobre a muller e o alto rendemento que se celebra no campus pontevedrés.
A Universidade de Vigo, coa Facutade de Ciencias da Educación e Deporte de Pontevedra á fronte, promove un estudo novidoso sobre as necesidades específicas na preparación física feminina. Unha diferenciación que non se estaba a producir de xeito claro nos deportistas de elite.
Para Zabell, este labor das universidades faise imprescindible para mellorar o rendemento, "el deporte no es sólo competición y lo que es la puesta en escena, también hay todo el estudio detrás, la preparación, y eso se hace dentro de las universidades".
"Ahora mismo está en juego que el deporte sobreviva"
Á vicepresidenta do COE non se lle escapa tamén o difícil panorama do deporte español pola falta de fondos, "ahora mismo está en juego que el deporte sobreviva. Que se encuentre la financiación para poder seguir subsistiendo a un buen nivel de cara al futuro".
A xornada complétase coa participación de Alberto García Bataller, profesor dá Universidad Politécnica de Madrid e adestrador de natación e triatlón e por María Luisa Estriga, docente da Universidade do Porto.